Aviso legal
Última actualización: 14 de xuño de 2026
En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), facilítanse a continuación os datos do titular deste sitio web.
Datos identificativos
- Denominación social
- Tecniart Galicia, S.L.
- CIF / NIF
- B27432525
- Domicilio social
- Alameda Xavier Costa Clavell, nº 3, 27500 Chantada (Lugo), España
- Rexistro Mercantil
- Registro Mercantil de Lugo, Tomo 441, Folio 197, Sección 8ª, Hoja LU-15583, Inscripción 2ª (18/11/2021)
- Correo electrónico
- info@tecniartgalicia.com
- Sitio web
- argalla.com
1. Titular do sitio web
O sitio web argalla.com (en diante, «o Sitio») é titularidade de Tecniart Galicia, S.L., que opera baixo a marca comercial «Argalla». Os seus datos identificativos figuran no cadro anterior.
Para calquera consulta podes contactar a través do correo electrónico indicado.
2. Obxecto
O presente aviso legal regula o uso do Sitio, que ten por obxecto ofrecer información sobre os servizos de Tecniart Galicia, S.L. (desenvolvemento de software, webs, automatización e intelixencia artificial) e permitir o contacto coas persoas interesadas.
O acceso ao Sitio é gratuíto e implica a aceptación das presentes condicións.
3. Condicións de uso
A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado dos contidos do Sitio e a non empregalos para actividades ilícitas ou contrarias á boa fe e á orde pública.
Tecniart Galicia, S.L. resérvase o dereito de modificar ou retirar, en calquera momento e sen previo aviso, os contidos do Sitio.
4. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos do Sitio (textos, imaxes, deseño gráfico, logotipos, código fonte e demais elementos) son titularidade de Tecniart Galicia, S.L. ou de terceiros que autorizaron o seu uso, e están protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida a súa reprodución, distribución ou transformación sen autorización expresa do titular.
5. Responsabilidade
Tecniart Galicia, S.L. non se fai responsable dos danos derivados do uso indebido do Sitio nin da indispoñibilidade temporal por causas técnicas.
O Sitio pode conter ligazóns a páxinas de terceiros; Tecniart Galicia, S.L. non se responsabiliza dos seus contidos.
6. Lexislación aplicable
As presentes condicións réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia, as partes someteranse aos xulgados e tribunais que correspondan conforme a dereito.