Unha selección de proxectos que argallamos. Fai clic para velos en directo.
Aplicación educativa para nenos de 3 a 8 anos: minixogos de matemáticas e linguaxe cun enfoque pedagóxico baseado na aprendizaxe sen erro e un motor adaptativo que se axusta a cada neno. Multiidioma (galego, castelán e inglés), PWA instalable e offline, con avatares, álbum de pegatinas e opcións de accesibilidade. Inclúe modo colexio white-label (multicentro por subdominio) con panel para o profesorado.
Aplicación web a medida para cotexar e dixitalizar documentos. Compara un orixinal (un albará ou factura escaneada, ou texto pegado) coa súa versión maquetada e detecta ao instante calquera errata ou dato que non coincida —un díxito cambiado, unha data, un importe—. Ademais extrae o texto de varios arquivos á vez e expórtao a texto plano, Word ou PDF. Combina dous motores: IA de visión e OCR local.