Modelo de linguaxe
Salamandra-7B, do Barcelona Supercomputing Center, afinado para o galego normativo.

O corrector normativo do galego que corre no teu ordenador, sen nube.
Os teus textos non saen do teu equipo: Peneira funciona en local, sen enviar nada a ningún servidor. E, sobre todo, é transparente — explica cada corrección e di de onde vén. Propón, non impón.
Beta · descarga dun clic · funciona sen conexión
Peneira detecta e corrixe interferencias do castelán e erros normativos en textos en galego, fundamentado no DRAG e na norma da RAG/ILG. Está pensado para quen escribe en galego e quere seguridade normativa cunha ferramenta que explica, non que corrixe ás cegas.
Combina a flexibilidade dun modelo de linguaxe coa seguridade de regras deterministas.
Salamandra-7B, do Barcelona Supercomputing Center, afinado para o galego normativo.
Regras que garanten que os castelanismos claros, a toponimia oficial, os plurais, o réxime te/che, a colocación pronominal e demais nunca pasan.
Distingue o galego do castelán e avisa, en vez de «corrixir» a medias.
Cada corrección sae etiquetada coa súa orixe (modelo ou regra), para que saibas por que se propón.
A beta sae cos seus números e os seus límites á vista.
A versión descargable corre 100 % no teu ordenador: os textos non se envían a ningún servidor.
A demostración desta páxina execútase no teu navegador (non envía o texto a ningures) e é só ilustrativa; a versión real e completa é a descargable.
Unha demostración interactiva do que fai Peneira. Escribe —ou usa o exemplo— e mira as correccións.
Simulación ilustrativa (correccións reais de mostra). O corrector completo é a versión descargable.
Descarga dun clic. Descomprime e fai dobre-clic en Peneira.bat.
Descargar Peneira.zipRequisitos: Windows · ~8 GB de RAM recomendados · espazo para o descomprimido.
Peneira publica en aberto os seus recursos de avaliación —o conxunto de proba, o inventario normativo e a documentación de arquitectura— con licenza CC BY 4.0. Mídese sobre un conxunto de proba pechado, cunha detección arredor do 96 %.
Desenvolvido por Argalla. Modelo base Salamandra (BSC, Apache-2.0) · norma da Real Academia Galega / ILG · toponimia do Nomenclátor 2026 (CC BY-SA).
Contacto e informes de erros: info@argalla.com