Datos de IP

Fontes de datos e atribucións

Última actualización: 14 de novembro de 2026

Argalla mantén un servizo propio de datos de enderezos IP (país, cidade aproximada, rede e operador, e marcas como aloxamento, VPN, Tor ou proxy). Constrúese só con fontes públicas cuxas condicións permiten o uso comercial, e nesta páxina recoñecemos cada unha delas.

RIPE NCC RIPE Atlas

RIPE Atlas e RIPE NCC

Usamos as sondas e medicións de RIPE Atlas para medir cada día o erro da ubicación que damos (a marxe de erro de cada resposta sae de aí), e RIPE IPmap para situar enderezos de infraestrutura. Ningún cliente recibe resultados de RIPE Atlas nin datos das sondas: só a ubicación e a marxe de erro que calculamos nós.

Todas as medicións que lanzamos en RIPE Atlas son públicas e forman parte do fluxo de datos de RIPE Atlas.

https://atlas.ripe.net

Descrición estándar de RIPE Atlas:

RIPE Atlas is a dynamic, global network of thousands of probes that have been measuring Internet connectivity and reachability in near real time since 2010. Anyone can directly access the data collected by RIPE Atlas, as well as Internet maps, graphs, tools and analyses based on the aggregated results, at https://atlas.ripe.net. RIPE Atlas was developed and is operated by the RIPE NCC, along with the help of thousands of volunteers. The RIPE NCC is one of five Regional Internet Registries (RIRs) that support the global operation of the Internet.

DB-IP

A ubicación de partida vén de DB-IP IP to City Lite, baixo licenza Creative Commons Recoñecemento 4.0.

IP Geolocation by DB-IP

Outras fontes

  • bgp.tools (bgp.tools), con permiso para este uso: nomes dos operadores e tipo de rede.
  • GeoNames (geonames.org), CC BY 4.0: zona horaria e nomes de lugar.
  • iptoasn.com, Public Domain Dedication and License (PDDL) 1.0: rede (ASN) e nome do operador.
  • Tor Project (Onionoo e lista de saídas), CC0: nodos de saída de Tor.
  • Apple: rangos de saída de iCloud Private Relay, publicados por Apple para este uso.
  • Starlink e outros operadores: geofeeds RFC 8805 publicados por eles.
  • AWS, Google, Microsoft Azure, Oracle, Cloudflare, Fastly, GitHub, DigitalOcean, Linode, Vultr e Hetzner: listas oficiais de rangos de aloxamento.
  • Mullvad, Private Internet Access, AirVPN e IVPN: listas públicas dos seus servidores.
  • monosans/proxy-list (licenza MIT) e ProxyScrape: listas públicas de proxies abertos.
  • APNIC Labs (stats.labs.apnic.net/aspop), reutilización permitida con atribución: usuarios estimados de cada rede.
  • NRO e os cinco rexistros rexionais: estatísticas públicas de delegación (rexistro, país de rexistro e data de cada bloque). Non usamos datos de titulares nin de contacto.
  • Google, Microsoft Bing, Apple, OpenAI, Anthropic, Perplexity, DuckDuckGo, Common Crawl e Ahrefs: rangos oficiais dos seus rastrexadores.
  • ipverse/bot-ip-blocks (CC0): rangos oficiais doutros rastrexadores e de servizos de monitorización.
  • Zscaler, Telegram e Atlassian: rangos publicados por cada servizo.
  • Google (Google Cloud e rede corporativa) e T-Mobile US (T-Mobile US geofeed, Copyright T-Mobile USA, Inc., Apache License 2.0): geofeeds RFC 8805.
  • X4BNet/lists_vpn e brianhama/bad-asn-list (licenza MIT): listas de redes de VPN e de aloxamento, só como etiqueta.
  • Unicode CLDR (licenza Unicode): nomes dos países en cada idioma.

Correccións

Se xestionas unha rede e a nosa información sobre ela é incorrecta, escríbenos a info@argalla.com e revisámola. O procedemento está en argalla.com/datos-ip/correccions, e o erro que medimos cada día, en argalla.com/datos-ip/precision.