Datos de IP

Precisión medida

Datos do: 14 de novembro de 2026

Cada día comparamos a ubicación que damos coa ubicación real de miles de sondas de RIPE Atlas, postas polos seus donos. Publicamos o resultado tal cal, tamén onde sae mal.

Resultado xeral

GrupoSondasErro medianoPercentil 90A menos de 40 kmA menos de 100 km
Todas11.35214,9 km407,2 km63 %73 %

País correcto: 97 %

Por tipo de rede

GrupoSondasErro medianoPercentil 90A menos de 40 kmA menos de 100 km
Operadores de acceso7.75021,3 km397 km58 %70 %
Aloxamento e nubes1.5196 km392,9 km74 %79 %
Outras redes2.0837 km496,8 km71 %77 %

Fíase a marxe de erro?

Cada resposta leva unha marxe de erro en quilómetros (accuracy_km): o radio no que caeu o 75 % das sondas da mesma fonte, país e tipo de rede. Para comprobar que non é un número optimista, calculámola cunha parte das sondas e examinámola coas outras, sen mesturar nunca sondas da mesma rede. Esta é a proporción que cae dentro do seu radio (o obxectivo é o 75 %):

GrupoSondasDentro do radio
Todas10.94675 %
Operadores de acceso7.61875 %
Aloxamento e nubes1.24573 %
Outras redes2.08375 %

Por país

PaísSondasErro medianoPercentil 90A menos de 40 kmA menos de 100 km
Estados Unidos1.55313,9 km401,9 km70 %80 %
Alemaña1.45615,1 km313,3 km60 %69 %
Francia882188,4 km635,2 km37 %44 %
Países Baixos59122,1 km132,5 km59 %82 %
Reino Unido52069,4 km340,1 km39 %56 %
Rusia4086,6 km627,4 km79 %83 %
Suíza29021,5 km133,6 km61 %81 %
Italia28155,9 km481,3 km46 %56 %
Canadá2626,6 km319,9 km78 %82 %
Australia22624,7 km706,6 km60 %71 %
Chequia2179 km187,2 km69 %79 %
Xapón21116,8 km442,6 km65 %72 %
España2098,3 km415,9 km69 %74 %
Suecia20113 km484,8 km63 %72 %
Polonia1997,1 km246,4 km68 %78 %

Como se mide

  • A referencia son as sondas de RIPE Atlas conectadas, con enderezo IPv4 público e ubicación posta pola persoa que a aloxa.
  • Descartamos as sondas situadas automaticamente con outra base de xeolocalización e as que teñen a ubicación en disputa.
  • Unha parte das sondas sitúaas RIPE IPmap, que se calcula coas propias sondas: examinalo con elas sería facer trampa. Nesas sondas medimos a fonte que habería debaixo, non IPmap, así que o erro real do que servimos é menor que o desta páxina.
  • O erro é a distancia entre a nosa ubicación e a da sonda.

O que estas cifras non din

  • As sondas están sobre todo en redes fixas de operadores, empresas e afeccionados de Europa e Norteamérica. Non representan ben as redes móbiles, onde o erro é maior.
  • Non damos cidade fiable en redes móbiles nin en enderezos anycast, que están en moitos sitios á vez.
  • É cobertura sobre sondas, non sobre usuarios: unha estimación honesta, non unha garantía.
  • En IPv6 non damos marxe de erro, porque as sondas mídense en IPv4.

Fontes e correccións

As fontes e as súas licenzas están en argalla.com/datos-ip/fontes. Se xestionas unha rede e a temos mal, o procedemento está en argalla.com/datos-ip/correccions.