Turnia

Política de privacidade de Turnia

Última actualización: 19 de setembro de 2026

Resumo nunha frase: Turnia non recolle, non envía e non pode acceder a ningún dato teu; todo queda no teu teléfono.

Responsable do tratamento

Denominación social
Tecniart Galicia, S.L.
CIF / NIF
B27432525
Domicilio social
Alameda Xavier Costa Clavell, nº 3, 27500 Chantada (Lugo), España
Correo electrónico
info@tecniartgalicia.com

Que datos recollemos

Ningún. Nin teus nin do uso que fas da aplicación. Non hai contas, non hai rexistro e non hai analítica.

Non é unha promesa que teñas que crernos: Turnia non pide o permiso de acceso a Internet. Podes comprobalo na ficha da aplicación, nos axustes do teu teléfono. Sen ese permiso, a aplicación non pode enviar información a ningunha parte aínda que quixese.

Que garda a aplicación, e onde

O teu cadro de quendas, os teus turnos e os importes que introduzas para calcular as túas horas gárdanse no almacenamento privado da aplicación, dentro do teu teléfono. Nin nós nin ningunha outra aplicación podemos lelos.

As copias de seguridade que ti exportas

Se exportas unha copia, o ficheiro vai onde ti lle digas a través do selector do sistema. A partir de aí é teu, e o que lle pase depende de onde o gardes.

Permisos que usa a aplicación, e para que

Notificacións e alarmas exactas: para avisarte antes de que empece a túa quenda, á hora que configuraches.

Aviso a pantalla completa: para que a alarma apareza sobre a pantalla de bloqueo e poidas paraala sen desbloquear o teléfono.

Servizo en primeiro plano: para que a alarma siga soando ata que a pares, en vez de cortarse cando se apaga a pantalla.

Vibración: para que a alarma tamén se note.

Arranque do dispositivo: para volver programar as túas alarmas despois de reiniciar o teléfono. Sen isto, reinicialo deixaríate sen alarmas sen que o souberas.

Turnia non pide a túa localización, os teus contactos, a túa cámara, o teu micrófono nin os teus ficheiros.

Sen publicidade e sen analítica

Non hai anuncios na aplicación, e polo tanto tampouco identificadores publicitarios nin elaboración de perfís. Non hai ferramentas de medición de terceiros de ningún tipo.

Como borrar os teus datos

Desinstala a aplicación. Non queda nada en ningunha parte, porque nunca saíu do teu teléfono. Se queres conservar o teu cadro antes de desinstalar, expórtao desde Axustes.

Menores

Turnia non está dirixida a menores de 13 anos, e non recolle datos de ninguén, de ningunha idade.

Cambios nesta política

Se algunha vez a aplicación empezase a recoller datos —por exemplo, se se engadise publicidade—, esta política actualizarase antes de publicar esa versión, e a data de arriba dirao.